O colexio de ensinanza infantil e primaria da Inmaculada, construído en 1969, é un complexo conxunto de volumes que se foron transformando ao longo do tempo para atender ás diferentes demandas de cada xeración. A tipoloxía empregada, de ladrillo visto e cubertas a dúas augas, foi moi recurrente nos anos 60 e 70 do século pasado.
A nova proposta de intervención sempre tivo claro que se debía respectar tanto a escala coma a idiosincrasia dos volumes edificatorios existentes en tanto que forman parte do legado arquitectónico que atesoramos da época desarrollista do pais
OBXECTIVOS da intervención
A parte do cumprimento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, que torna demasiado extenso neste resumo da intervención, a idea xerme do proxecto versa sobre a reformulación e a revalorización de espazos de transición e que na maioría das veces son residuais.
O espazo de comunicación entre os cinco volumes escolares que compoñen o CEIP é na actualidade unha zona de paso e servizo con ramplas inaccesibles e chea de escaleiras, sen posibilidade de interacción entre os usuarios. O propósito do proxecto é reverter esa situación e que fose o verdadeiro corazón do CEIP, unha aula aberta, un espazo totalmente accesible e versátil, que conforme en si mesmo zonas de relación, de exposición, de espera, de descanso, de encontro, etc. mudando o enfoque primixenio de servidume por espazos intersticiais confortables e accesibles.
De igual xeito os patios se configuran con diferentes materiais, zonas e texturas para favorecer tanto a diversidade coma o aprendizaxe. Se reformula á zona da horta e se dispón o comedor aberto cara ela, coa finalidade de fomentar unha educación agropecuaria entre todo o alumnado.
Nado en Ourense en novembro do 1983, cursa estudos de “Arquitecto Superior” na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, UDC, obtendo a titulación no ano 2008. No seguinte ano cursa o mestrado en “Restauración Arquitectónica” da UDC; e en 2014 presenta a tese doutoral: “Proceso metodológico y composición del Renacimiento en Galicia, 1499-1657”, codirixida por Merino de Cáceres, José Miguel e Soraluce Blond, José Ramón.
Dende entón compaxina a labor académica coa profesión liberal.