A nave industrial de Finsa encóntrase no polígono industrial de San Cibrao das Viñas e conta cun emprazamento protagonista, ben pola súa escala respecto das edificacións na súa contorna, ben pola súa orientación.
A proposta que se fai para a reconversión duns espazos de relación e reunión, conta cunhas liñas claras e lexibles, que se traducen en espazos versátiles e fluídos, onde a materia prima protagonista é a madeira, en diferentes formas de aplicacións.
Así o aspecto exterior do edificio no que se intervén trata de amosar un carácter representativo para a marca Finsa, creando unha fachada recoñecible cunha gran cuberta en madeira.
Tanto o espazos exteriores coma interiores, atópanse degradados e pouco valorados, polo que a proposta intenta potenciar tódalas virtudes coas que conta o lugar, e trátase tamén de aportar valor engadido mediante o uso de materiais e técnicas construtivas coas que Finsa está amplamente familiarizada, potenciando a innovación no deseño, uso e tratamento de materias.
Colaborador especial: Iago Pérez Fernández