Ampliación da Visita Cultural do Mosteiro de Santa María de Montederramo

P.2017, FO.2020

Traballo realizado en colaboración co estudo BAB Arquitectos.

Tras o peche do colexio de Montederramo, que ocupaba a totalidade do claustro regrar, se promove a recuperación dos espazos escolásticos como parte da visita cultural do mosteiro, así coma a restauración da escaleira dos monxes, a sancristía, o núcleo de aseos, a sala capitular e o patio.

O novo espazo gañado para a visita cultural adoecía en primeira instancia de espazos tabicados, con usos e servizos xa obsoletos que había que repensar, á vez existían profundas pegadas de biocolonización, múltiples patoloxías derivadas de humidades de diversa factura, e un perigoso alombamentos da fábrica alta da sancristía polo acuñamento que as raíces da hedra foi gañando á fábrica durante décadas.

  • Se retiraron os elementos inservibles que en nada favorecían á dignificación do claustro nin semella aconsellable manter para o novo uso cultural, aportando unha lectura coherente do espazo procesional
  • Se renovaron e ocultaron as instalacións eléctricas á vez que se promoveu e favoreceu o uso nocturno dos espazos mediante nova iluminación.
  • Se recuperou o paso da porta procesional, así coma a sala capitular, imprescindibles dende o punto de vista histórico, funcional e cognitivo do claustro regrar.
  • Se restauraron tallas de madeira e paramentos pétreos, en especial varias portadas pétreas así coma as bóvedas da escaleira dos monxes e bóveda e entaboamento da sancristía.
  • Se realizaron drenaxes e cámaras bufas para paliar as humidades de capilaridade, así coma actuacións de urxencia en canos e limas nas cubertas para aplacar as filtracións, se realizaron repisas de zinc para protexer da chuvia ás mesetas e saíntes pétreos das fachadas.
  • Se acometeron obras encamiñadas á accesibilidade universal do conxunto do espazo visitable: con ramplas, elevadores e aseos accesibles.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.