Traballo realizado en colaboración co estudo BAB Arquitectos.
Tras o peche do colexio de Montederramo, que ocupaba a totalidade do claustro regrar, se promove a recuperación dos espazos escolásticos como parte da visita cultural do mosteiro, así coma a restauración da escaleira dos monxes, a sancristía, o núcleo de aseos, a sala capitular e o patio.
O novo espazo gañado para a visita cultural adoecía en primeira instancia de espazos tabicados, con usos e servizos xa obsoletos que había que repensar, á vez existían profundas pegadas de biocolonización, múltiples patoloxías derivadas de humidades de diversa factura, e un perigoso alombamentos da fábrica alta da sancristía polo acuñamento que as raíces da hedra foi gañando á fábrica durante décadas.