A nave industrial de Finsa encóntrase no polígono industrial de San Cibrao das Viñas e conta cun emprazamento protagonista, ben pola súa escala respecto das edificacións na súa contorna, ben pola súa orientación.
A proposta que se fai para a reconversión duns espazos de relación e reunión, conta cunhas liñas claras e lexibles, que se traducen en espazos versátiles e fluídos, onde a materia prima protagonista é a madeira, en diferentes formas de aplicacións.
Así o aspecto exterior do edificio no que se intervén trata de amosar un carácter representativo para a marca Finsa, creando unha fachada recoñecible cunha gran cuberta en madeira.
Tanto o espazos exteriores coma interiores, atópanse degradados e pouco valorados, polo que a proposta intenta potenciar tódalas virtudes coas que conta o lugar, e trátase tamén de aportar valor engadido mediante o uso de materiais e técnicas construtivas coas que Finsa está amplamente familiarizada, potenciando a innovación no deseño, uso e tratamento de materias.
A proposta trata tamén de potenciar a relación interior-exterior, aproveitando a zona exterior como espazo de relación e de ocio para momentos determinados, dándolle así fluidez aos espazos e aproveitando ao máximo a captación solar debido a boa orientación coa que conta a edificación na que se intervén.
Co mesmo criterio xeral da proposta, un muro panelado en madeira sinuoso actúa a modo de xerador de espazos, sen necesidade de ter como resultado un espazo cheo de portas e tabiques, que diminuirían a fluidez do espazo, mantendo unha estéticas acorde coa da planta baixa.
O programa funcional requirido nesta planta conta con varias salas de reunión de diferentes tamaños, tamizados visualmente cunhas estruturas lixeiras de madeira respecto da zona de traballo e de relación que da cara o exterior.
Colaborador especial: Iago Pérez Fernández
Nado en Ourense en novembro do 1983, cursa estudos de “Arquitecto Superior” na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, UDC, obtendo a titulación no ano 2008. No seguinte ano cursa o mestrado en “Restauración Arquitectónica” da UDC; e en 2014 presenta a tese doutoral: “Proceso metodológico y composición del Renacimiento en Galicia, 1499-1657”, codirixida por Merino de Cáceres, José Miguel e Soraluce Blond, José Ramón.
Dende entón compaxina a labor académica coa profesión liberal.