O condicionante principal que afrontamos no concurso foi a contraposición que en primeira instancia supón o encaixe funcional do extenso programa docente nun entorno e contexto en certa medida rural, polo que se tratou dende o comezo de ser respectuosos coa contorna, a escala e os elementos paisaxísticos do lugar. Para iso a nosa implantación tivo en conta as tradicións construtivas e funcionais da Galicia rural para non distorsionar o carácter do substrato territorial no que se intervén.
Na nosa proposta tiñamos claro dende o principio que debíamos proxectar dende a estratificación do programa en base a un encaixe volumétrico acorde á escala dos núcleos poboacionais aos que o centro docente da cobertura. Así ben se propón unha intervención funcionalmente compacta mais volumetricamente dispersa, artellando o conxunto programático en cinco volumes semi-autónomos. A estratexia para conseguilo se basea en xerar espazos de relación e comunicación entre ditos volumes que teñan menor presenza volumétrica e construtivamente sexan mais lixeiros en contraposición aos cinco volumes que de por si serán entidades funcionais semi-autónomas.
Para conseguir un Acceso Universal, a proposta de intervención seguirá os criterios de asentamento tradicional, apoiándose e desenrolándose en base ás liñas de pendente. Para iso foi preciso establecer unha franxa acoutada do terreo que mantivese aproximadamente o mesmo nivel, onde tivesen cabida tanto o acceso dende o exterior coma que dito acceso nos permitise sacar o máximo rendemento do desenrolo do programa no interior do predio mantendo un nivel topográfico constante.
Organización do IES
A proposta planimétrica do IES se resolve con cinco volumes edificatorios, dos cales catro presentan dúas plantas e o quinto é un espazo a dobre altura para ximnasio, unidos todos por un corredor que os atravesa e une en espina de peixe.
Tanto pola organización en espina de peixe como polo feito de que o acceso principal se faga polo patio central do conxunto, redunda nunha optimización tanto das superficies precisas para circulación coma das distancias a recorrer dentro do IES, o cal beneficia a rapidez de movementos e mitiga a sensación de corredor dos espazos de circulación.
As conexións entre os 5 pavillóns as entendemos non coma un simple corredor de paso, senón coma un punto onde os usuarios poderán utilizar tamén coma zona de reunión, espera, etc, así pois o enfocamos coma enlace directo de conexión coa natureza circundante.
Estes espazos de circulación non son nin uniformes no seu ancho nin na súa percepción, xa que se xoga ritmicamente con zona rápidas e semi-estáticas, cos cheos e baleiros, coas sombras e luces, co edificio e coa natureza. O espazo baleiro non é simplemente un espazo de servizo senon que é intrínseco a concepción e devir do espazo edificado, o que conforma o maxín dos usuarios, e polo tanto se trata como unha aula de relacións a gran escala.
Nado en Ourense en novembro do 1983, cursa estudos de “Arquitecto Superior” na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, UDC, obtendo a titulación no ano 2008. No seguinte ano cursa o mestrado en “Restauración Arquitectónica” da UDC; e en 2014 presenta a tese doutoral: “Proceso metodológico y composición del Renacimiento en Galicia, 1499-1657”, codirixida por Merino de Cáceres, José Miguel e Soraluce Blond, José Ramón.
Dende entón compaxina a labor académica coa profesión liberal.