Humanización en O Pereiro (1ª fase), O Pereiro de Aguiar

Humanización en O Pereiro (1ª fase), O Pereiro de Aguiar

O presente proxecto  trata de asentar as liñas básicas de reordenación e urbanización do núcleo de O Pereiro, na busca de achegar o espazo urbano ao usuario, a recuperación dos seus valores patrimoniais e dotalo de tódolos servizos axeitados. Nas últimas décadas, o peón foi desprazado deste espazo público por mor do predominio do automóbil como principal vector de mobilidade dentro do núcleo, existen varios inmobles abandonados ou en ruínas e a falta de previsión de instalacións xunto con todo o tendido de cables produce unha sensación pouco axeitada para un núcleo destas características.

Se pretendeu dignificar o espazo público do núcleo de O Pereiro coa seguinte estratexia:

  • Se dispuxo unha pavimentación acorde a un espazo tradicional, onde o viandante teña o dominio do espazo e non o coche.
  • Se actualizou o sistema das instalacións do núcleo. Ademais de substituír as redes xa existentes de saneamento e fontanería, executouse un sistema de canalizacións das augas pluviais, telecomunicacións, electricidade e alumeado público renovadas e soterradas.
  • Se dispuxo un mobiliario urbano acorde coa imaxe do núcleo que sirve para fomentar relacións entre os seus habitantes e usuarios.

Pechando esta intervención da trama histórica de O Pereiro, se interviu no antigo Concello municipal, hoxe biblioteca pública, restaurando as súas fachadas, cubertas e intalacións para devolverlle ao edificio o seu carácter histórico como equipamento representantivo do núcleo, xa que na actualidade que se atopaba nun estado de deixadez, mutilado por desafortunadas intervencións realizadas nestas décadas pasadas.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.