Humanización en O Pereiro (2ª fase), O Pereiro de Aguiar

Humanización en O Pereiro (2ª fase), O Pereiro de Aguiar

Esta segunda fase de reordenación e urbanización do núcleo de O Pereiro, se centrou na contorna da Casa Consistorial, seguindo os criterios esgrimidos na primeira fase, onde se busca achegar o espazo urbano ao usuario coa recuperación dos seus valores patrimoniais e dotalo de tódolos servizos axeitados. 

Se pretendeu dignificar o espazo público da contorna do concello coa seguinte estratexia:

  • Posto que na contorna do concello o automóbil inda se deixa sentir con maior intensidade que no resto do núcleo, colmatando calquera oco ou espazo por moi residual que fose para utilizalo coma zona de aparcamento, se ordenou o estacionamento dos automóbiles proxectando un aparcadoiro nas inmediacións do concello, utilizando diferentes texturas e materiais para remarcar as prazas de aparcamento.
  • Posto que o acceso peonil ao concello se realizaba por beirarrúas estreitas e perigosas polo desnivel respecto ao resto do espazo urbano, se xerou unha praza nas entradas do concello que ademais de outorgarlle a necesaria amplitude e dignidade, lle confire un espazo de relación e reunión previo ao inmoble.
  • Sinaléctica a parte, se realizaron unha serie de estratexias encamiñadas á diminuír a velocidade do automóbil na contorna do concello: as beirarruás se dispuxeron practicamente á mesma altura que a calzada, o cal de por si xa limita ao condutor ao non sentir claramente os límites do seu espazo, espazo no que á vez se dispuxo un tamiz visual cunha seriación de círculos que poñen en alerta ao condutor, que inconscientemente reduce a marcha.
  • Se elixiron, coidaron e deseñaron o resto do mobiliario urbano dende un mesmo criterio proxectual para outorgarlle unha lectura unitaria á contorna do concello

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.