Nave industrial no polígono de Seixalbo, Ourense

Proxecto 2019, Fin de Obra 2021

Se proxecta unha nave industrial que presenta un programa de usos moi marcado e polo tanto os espazos están moi delimitados pola restritiva normativa industrial contra o lume: o plano terreo coma zona de almacenaxe, o primeiro andar coma zona de máquinas, e un altillo para as oficinas. 

Toda a nave, a excepción das oficinas e a entrada ás mesmas, debe presentar unhas condicións estables de humidade, luminosidade e temperatura, polo que se proxecta coma un volume en gran medida hermético.

Pola contra, as oficinas e entrada (que se rematarán nunha fase posterior), presentan unha significación especial dentro do volume configurando o seu pechamento exterior con dobre vidro impreso U-Glass e illamento translúcido intermedio.