P.2024 CEIP Inmaculada, Ourense

P.2024 CEIP Inmaculada, Ourense

O colexio de ensinanza infantil e primaria da Inmaculada, construído en 1969, é un complexo conxunto de volumes que se foron transformando ao longo do tempo para atender ás diferentes demandas de cada xeración. A tipoloxía empregada, de ladrillo visto e cubertas a dúas augas, foi moi recurrente nos anos 60 e 70 do século pasado.

A nova proposta de intervención sempre tivo claro que se debía respectar tanto a escala coma a idiosincrasia dos volumes edificatorios existentes en tanto que forman parte do legado arquitectónico que atesoramos da época desarrollista do pais

OBXECTIVOS da intervención

  • COMUNICACIÓN ACCESIBLE UNIVERSAL en todo o recinto do CEIP
  • MELLORA DO BENESTAR en todo o recinto do CEIP
  • RECUPERAR A LECTURA do conxunto como volumes illados e interrrelacionados
  • REXENERACIÓN URBANA mediante a humanización do espazo libre do equipamento para uso público
  • Mellora do ESPAZO DE LECER para os cativos, focalizando zonas dinámicas, estáticas e zonas verdes
  • Elaboración de estratexias encamiñadas ao CONSUMO NULO no edificio.

A parte do cumprimento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, que torna demasiado extenso neste resumo da intervención, a idea xerme do proxecto versa sobre a reformulación e a revalorización de espazos de transición e que na maioría das veces son residuais.

O espazo de comunicación entre os cinco volumes escolares que compoñen o CEIP é na actualidade unha zona de paso e servizo con ramplas inaccesibles e chea de escaleiras, sen posibilidade de interacción entre os usuarios. O propósito do proxecto é reverter esa situación e que fose o verdadeiro corazón do CEIP, unha aula aberta, un espazo totalmente accesible e versátil, que conforme en si mesmo zonas de relación, de exposición, de espera, de descanso, de encontro, etc. mudando o enfoque primixenio de servidume por espazos intersticiais confortables e accesibles.

De igual xeito os patios se configuran con diferentes materiais, zonas e texturas para favorecer tanto a diversidade coma o aprendizaxe. Se reformula á zona da horta e se dispón o comedor aberto cara ela, coa finalidade de fomentar unha educación agropecuaria entre todo o alumnado.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.