A premisa de partida nesta rehabilitación era recuperar os condicionantes tipolóxicos da edificación tradicional que se atopaban ocultos tras a madexa de intervencións posteriores. Neste caso a vivenda presentaba uns espazos de relación algo distorsionados, manifestos na ocultación dos canzorros e piares, perda funcional da solaina, nova terraza fóra de escala…
Se ben o programa de usos, con catro dormitorios, impedía a recuperación fidedigna dun espazo tan senlleiro como é a solaina da vivenda, a intervención proxectada buscar a recuperación dos seus significantes históricos mediante a configuración dun volume lixeiro de madeira en liña cos preceptos morfolóxicos tradicionais.
Nado en Ourense en novembro do 1983, cursa estudos de “Arquitecto Superior” na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, UDC, obtendo a titulación no ano 2008. No seguinte ano cursa o mestrado en “Restauración Arquitectónica” da UDC; e en 2014 presenta a tese doutoral: “Proceso metodológico y composición del Renacimiento en Galicia, 1499-1657”, codirixida por Merino de Cáceres, José Miguel e Soraluce Blond, José Ramón.
Dende entón compaxina a labor académica coa profesión liberal.