Restauración do Ciborio e Torre do reloxo da Catedral Ourense

Restauración do Ciborio e Torre do reloxo da Catedral Ourense

A intervención no Ciborio e Torre do Reloxo da Catedral resulta de gran complexidade, posto que estes elementos son parte intrínseca do maxín da poboación xa que representan coma poucos un fito paisaxístico na trama urbana. O traballo de intervención nunha restauración desta envergadura e relevancia necesariamente implica un traballo transversal de arquitectos, aparelladores, historiadores, restauradores e arqueólogos, que aproximen o coñecemento da fábrica dende cadansúa aresta.

A falta de información das intervención realizadas nesta fábrica durante todo o S.XX así coma de estudios construtivos e estruturais previos á nosa intervención, fixo que o proceso de estudio da fábrica se completase necesariamente no transcurso da propia obra, polo que existe un marxe de incerteza no proxecto que se debe cotexar e valorar in situ no momento de afrontar a rehabilitación.

Os puntos mais salientables da restauración os podemos agrupar coma segue:

CUBERTA DO CIMBORRIO 

A cuberta do ciborio se fixo nos anos 70. É un forxado mixto dunha lousa de formigón que descansa sobre unha estrutura metálica, a cal apoia directamente sobre a fábrica pétrea cunha base de cemento.

Proxectouse o picado do morteiro de cemento de base de apoio da cuberta, mediante bataches en panos contrapostos, para ir apoiando a estrutura metálica sobre unhas pletinas metálicas sobre bandas de neopreno dispostas a modo de bielas en cada pano do cimborrio para que permitisen variacións dimensionais de fábrica pétrea independentes das do forxado de formigón. Proxectouse en obra un anel perimetral metálico a modo de tirante interior, fixado mecanicamente á base dos pináculos, mentres que ao resto da crestería tensouse con grapas de latón pola cara exterior da fábrica, ligado á pletina por un tensor entre as xuntas pétreas.


PINÁCULOS 

Tras estudar en obra o comportamento dos alicerces en base á Análise Límite de Estruturas de Fábrica, chegamos á conclusión que é preferible intervir nos pináculos máis desplomados para outorgarlles unha vida útil coas máximas garantías. Desmontándose as 5 fiadas superiores dá cada un dos pináculos máis desplomados, para sanear e ir corrixindo a súa desviación, con esquirlas de cantos rodados e morteiro de cal, como así están dispostos. Tendo a peza de coroación gran dimensión respecto da súa base e pezas que o sustentan, e estando ademais dita parte inferior moi debilitada por perda de material debido aos axentes ambientais e as tensións que provocan nas xuntas os movementos da peza de coroación, achegouse morteiro de sacrificio nas arestas desgastadas das dúas pezas pétreas para outorgarlle certa protección e maior durabilidade á desgastada sección pétrea, e naqueles que se desmontaron introduciuse un vástago metálico de fibra de vidro entre as dúas últimas pezas de coroación, así como se dispuxo na xunta un disco de neopreno para amortecer a oscilación e disipar a enerxía acumulada polo pináculo nos desprazamentos horizontais.


TRASDÓS BÓVEDA DE CRUZARÍA 

Retirouse o corpo de formigón con forma de tellado ochavado que cubría o trasdós da bóveda, posto que era un elemento sen función construtiva ou estrutural, e a súa lectura era incongruente neste espazo. Mais mantívose a lousa de formigón armada que encamisa o trasdós da bóveda de cruzaría, posto que retirala suporía un esforzo tensional á estrutura pétrea posiblemente prexudicial. Recuperouse a cota de chan primixenia e o sentido de atalaia do devandito espazo por medio dun paso perimetral de zinc. Posto que a retirada da reixería e pasamáns dos vans deste corpo suporía a volta das aves, coa problemática que iso carrexa, optouse por dispor outro deseño de reixería e situala ao interior do espazo (cambiando tamén dimensión, gramaxe e cor) para reducir o seu impacto visual ao mínimo posible desde o exterior, chegando a percibirse na actualidade desde o espazo público devanditos ocos como vans abertos. 


TRAZARÍA E VIDREIRAS 

A intervención realizada en 1999 foi desafortunada, posto que transformou completamente a linguaxe compositivo e decorativo dos ocos. A nosa actuación tratou de reverter a situación actual dispondo unha carpintaría de latón reducida á mínima expresión para minimizar o seu sinal na fábrica e con iso realzar a trazaría pétrea. Igualmente, para realzar a trazaría ao ciborio sobre a carpintaría, se reintegraron lixeiramente aqueles elementos mutilados na intervención de 1999. Especialmente as xambas das xanelas xeminadas, as basecillas e capiteis dos baquetóns, e os salmeres dos arcos de ferradura. Debido a que a carpintaría de 1999 mutilou as vidreiras ao reducir o ancho dos seus panos considerablemente, ao querer agora levalas de novo ao seu sitio atopámonos con faltas de material perimetral de 3-10cm en boa parte das xambas das xanelas xeminadas que o marco de latón de 12mm é incapaz de absorber, así pois, tivemos que implementar puntualmente as dimensións das vidreiras nos laterais con barras de chumbo de 12mm, que ao ser o mesmo material co que se fixan os panos vidrados, pasa practicamente desapercibida. 

BASE DO CIMBORRIO E TROMPAS

As pechinas do ciborio pola súa cara interior estaban a sufrir un forte proceso de arenización. Ao exterior mantívose a morfoloxía das canles e gárgolas da base do ciborio recubríndoos con láminas impermeables de zinc refundidas na xunta pétrea, e rematando cara ao exterior cunha pingadeira boleadoa Levantouse a plementería de remate superior do trasdós (cuxo despezamento pétreo en ángulo e sen enlazar indicaba que non era primixenia) e dispuxemos baixo a mesma unha lámina de chumbo de 2mm, previamente saneada e regularizada a base sobre a que se asenta con morteiro de cal. 

PASO DE ROLDA 

Realizouse un chan técnico impermeabilizado para canalizar a auga de chuvia ata unhas novas gárgolas, e dispuxéronse canalizacións baixo devandito chan a modo de preinstalacións para limpar visualmente todo o espazo visitable de tubaxes e cableado.

Colaborador especial: Ignacio Barceló de Torres, arquitecto

Ana Castro Alonso, aparelladora

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.