Vivenda en A Vendanova, Amoeiro

Proxecto 2017, Fin de Obra 2020

A vivenda se asenta nunha lomba con pendente pronunciada sur-norte e dispón dun campo visual privilexiado que domina gran parte das serras da provincia.

Cara a entrada do predio a vivenda non se prodiga, protexéndose das vistas peonís que proliferan pola Vía da Prata, mais cara as frontes sur-leste e sur-oeste a vivenda se abre tanto visual coma espacialmente, xerando dinámicas que matizan en certo grado a dicotomía dentro-fora.